M0pq.jpg (4180 bytes)

Opinión 4x4

Los 20 mandamientos del 4x4 - Gallego

 


I

Circular únicamente polo camiños e pistas existentes, evitando en todo momento facer rodeiras novas e circular campo a través.

II

Avanzar sempre amodo, a seres posible, por debaixo dos corenta quilómetros por hora, inclusives máis amodiño cando as pistas estexan moi secas, para evitares levantar po.

III

Dar preferencia a camiñantes, gando, ciclistas, etc. circulando tan amodo como sexa necesario e deténdose por completo sempre que sexa preciso, para facilitar ó máximo a circulación de todos eles. Sauda ó pasar, dá os bos días ou as boas tardes, que vexan que somos persoas civilizadas e simpáticas.

IV

Deixar as portas, portiñas, cadeas e cancelas que atravesemos, tal e coma as toparamos ó chegar. Normalmente a súa funación é evitar que o gando abandoe unha zona determinada, así que xeralmente están pechadas.

V

Vadeas os ríos só en caso de necesidade. Se existe un camiño alternativo ou unha ponte nas proximidades, utilizao.

VI

Ter a man bolsas de plástico fortes nas que recolles calquer desperdicio que orixinemos, inclusives os que topemos ao noso paso e traelos de volta ata o contedor de basura máis próximo.

VII

Non guindar ningún obxecto polas ventás do coche. Lembra, se fumas, as colillas tamén deben regresar ao borralleiro do veículo.

VIII

Non prender nunca lumes ilegais nin fogueiras. O risco de incendio nos nosos montes é elevado, por riba de todo nos meses de verán. Se observamos calquer conato de incendio, que non poidamos apagar polos nosos medios, dar parte inmediatamente ás autoridades competentes.

IX

O ruido excesivo é especialmente molesto, non debemos de tocar o claxon nin levar o radiocasete a todo volume coma se estivesemos nunha discoteca. Sempre que estexamos parados debemos apagar o motor. Actuando silenciosamente poderás escoitar á natureza.

X

O coche non debe de perder absolutamente ningún líquido. Debemos efectuar un mantemento escrupuloso, para evitares calquer perda de fluidos mentras estexamos no monte.

XI

O noso motor tamén debe de estar sempre a punto. O tubo de escape non ha de emitir nin fumes excesivos nin un so decibelio de son por riba do que sería normal nun veículo novo.

XII

Evita as grandes concentracións. Se queres disfrutar do monte non ten senso convertilo nunha autoestrada con centos de TT. Se nalgunha ocasión os participantes nunha saída resultan inevitablemente demasiado numerosos, dividirlos en grupos de 4 ou 5 coches e deixar moito, moito espacio entre os mesmos.

XIII

Lembra que unha das nosas obligacións é tratar de axudar na conservación das estradas non asfaltadas. Despexar os camiños de pedras e repoñer os socavóns producidos polas inclemencias climáticas e o abandono, han de ser actitudes habituais cando saiamos do asfalto.

XIV

Respetar as propiedades privadas e os sembrados. A pesares de que un terreo cultivable poida semellar abandoado, non debemos pisalo nin se quera para maniobrar, lembra que teñen dono.

XV

Lembra que a xente do campo está na "súa casa" e ti es un covidado. Respétaos sempre, se amable e relaciónate todo o posible cos oriundos da cada lugar, as historias da xente maior son unha inestimable fonte de coñecemento.

XVI

Evita sempre as confrontacións de calquer tipo. En caso de discrepancias cos propietarios ou gardas de supostos camiños particulares. Se pensas que algo resulta inxusto, xa reclamarás despois, debidamente informado e coa lei na man.

XVII

Se decides visitar algunha zona protexida ou cunha normativa restrictiva, solicita sempre os oportunos permisos administrativos. Tenta cambiar as leis, nunca saltalas.

XVIII

Respeta sempre escrupulosamente as indicacións das autoridades (estatais, autonómicas, municipais, etc.) e calquer señalización escrita que topes.

XIX

Hai unha norma que recopila todas as anteriores: consigue sempre que saias ao campo, que non se note que estiveches alí.

XX

Distribúe estas normas. Imprime esta folla e entrégalla aos demáis usuarios de estradas non asfaltadas que topes nas túas saídas ao monte. Copiaa e colocaa na túa web. Concienciar ao usuarios é a millor manera de construir o futuro do TT.